Cursos para Fomento do Emprego para 150 persoas

Marina Cabaleiro Concelleira de Ensino, Emprego e Formación do Concello de Salceda está impulsando as políticas activas de formación, para iso a Concellalía que dirixe organiza cursos formativos, dos que se van a beneficiar uns 150 veciños do concello.

Os cursos desenvolveranse nos meses de Marzo, Abril e Maio, estes cursos están dirixidos prioritariamente a persoas en situación de desemprego, co obxectivo de facilitarlles o acceso ó mercado laboral.

Están enfocados dende  diferentes ámbitos formativos, para poder garantir unha mellor e máis rápida inserción laboral. A  oferta dos mesmos é a seguinte: Curso preparatorio para a obtención do Título en graduado en ESO, Curso de búsqueda activa de emprego, Curso de habilidades sociais, Curso de informática básica, curso de informática avanzada, Curso de Atención ó cliente e Curso de Manipulador de Alimentos.

Debido á gran acollida que tivo este programa polo elevado número de solicitudes, dende a Concellalía que dirixe Marina Cabaleiro, decidiuse organizar varios grupos en cada un dos cursos, e así poder atender a todos os veciños e veciñas que o solicitaron.

NOVA LEI DE CONVIVENCIA NOS CENTROS ESCOLARES

A Xunta de Galicia está preparando unha nova lei de Convivencia para os centros escolares.

Un dos puntos que contemplan é que na ESCOLA PÚBLICA, se poida instaurar o uniforme para mellorar a convivencia nos centros escolares.

A pregunta é a seguinte: ¿Donde se queda a ATENCIÓN Á DIVERSIDADE, que ven contemplada xa dende hai máis de 20 anos nas diferentes leis educativas?

Xa que polo de agora na vida civil cada quen viste como quere ou como pode. E logo por que ten que ser diferente nas escolas?.

Acaso a Consellería pensa que o uniforme vai ser unha ferramenta para mellorar a disciplina nas aulas?.
Será este un primeiro paso para empezar a adoctrinar ós nosos fillos e fillas, e que nun futuro en Galicia todos vistamos igual e pensemos do mesmo xeito (ou como algúns pretendan).

Si isto é o que están argallando os máximos dirixentes educativos da Xunta, están demostrando que non saben o que fan, e só terían que aplicar o sentido común, deixando de copiar ideas de catro centros PRIVADOS "ELITISTAS" (ou tamén terán pensado separar nenos e nenas das escolas).

A DIVERSIDADE (de elección, pensamento, etc...) e o que fai que a muller e o home poidan seguir evolucionando.

PLENO DE DECEMBRO DE 2010

Neste último pleno do ano 2010, debatíronse importantes cuestións tales como a ÁREA METROPOLITANA, AXUDAS PARA BENESTAR SOCIAL, EMPREGO, e outras cuestións do día a día do noso Concello.



Pero o que máis pode entristecer a calquera veciño ou veciña da nosa Vila, é observar a imaxe que deu algún concelleiro do PP, demostrando os poucos recursos ideolóxicos que posue, que por diferentes que sexan, non deben centrarse en descalificacións persoais cara outros concelleiros da corporación municipal.

Isto demostra que cando non hai PROPOSTAS, nen IDEAS PARA MELLORAR, algúns todavía pensan que en política todo vale.

O Partido Socialista vai seguir TRABALLANDO por Salceda e buscando alternativas de mellora para a nosa Vila, xa que iso é a obriga e o compromiso do noso equipo de persoas.

COMEDOR ESCOLAR

OUTRA INICIATIVA IMPORTANTE LEVADA A CABO DENDE A CONCELLALÍA DE ENSINO, EMPREGO E FORMACIÓN FOI:




PROXECTO DE COMEDOR ESCOLAR ATRAVÉS DO PLAN E

As instalacións para este servizo que van incluidas nas obras do plan E están funcionando dende este curso escolar 2010-2011. Estas dependencias están ubicadas na antiga casa do conserxe do colexio ALTAMIRA e conta cun total de 160 prazas.

Novos postos de traballo para Salceda

INFORMARVOS DENDE ESTÁ PÁXINA QUE:

APROXIMADAMENTE NO MES DE FEBREIRO, A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONTRATARÁ A 5 NOVOS EMPREGADOS  PARA DESENVOLVER TRABALLOS NO CONCELLO DE SALCEDA.

TODOS SABEMOS QUE ESTAS PRAZAS SOEN SER ADXUDICADAS A DEDO. E NON TEN PORQUE SER ASÍ.

"TI TAMÉN TEIS DEREITO A PARTICIPAR NA SELECCIÓN". CANDO TEÑAMOS MÁIS NOVAS SOBRE O TEMA, SEGUIREMOS INFORMADOVOS. 

UN SAÚDO

OS FONDOS ESTATAIS DE INVERSION LOCAL DESTINADOS A SALCEDA

Posibilitaron obras; na Escola de Música, na nova Casa da Cultura, no Auditorio, en alumeado do Parque da Gándara e do Campo de Penedo Redondo,.., na carballeira de Xabarís, no acondicionamento de pistas, saneamento en distintos barrios do concello, Comedor Escolar, en instalación de repetidores TDT, en creación de emprego, en humanización de rúas,…..