Cursos para Fomento do Emprego para 150 persoas
Marina Cabaleiro Concelleira de Ensino, Emprego e Formación do Concello de Salceda está impulsando as políticas activas de formación, para iso a Concellalía que dirixe organiza cursos formativos, dos que se van a beneficiar uns 150 veciños do concello.
Os cursos desenvolveranse nos meses de Marzo, Abril e Maio, estes cursos están dirixidos prioritariamente a persoas en situación de desemprego, co obxectivo de facilitarlles o acceso ó mercado laboral.
Están enfocados dende diferentes ámbitos formativos, para poder garantir unha mellor e máis rápida inserción laboral. A oferta dos mesmos é a seguinte: Curso preparatorio para a obtención do Título en graduado en ESO, Curso de búsqueda activa de emprego, Curso de habilidades sociais, Curso de informática básica, curso de informática avanzada, Curso de Atención ó cliente e Curso de Manipulador de Alimentos.
Debido á gran acollida que tivo este programa polo elevado número de solicitudes, dende a Concellalía que dirixe Marina Cabaleiro, decidiuse organizar varios grupos en cada un dos cursos, e así poder atender a todos os veciños e veciñas que o solicitaron.